Concurso de receitas
Xa temos gañadora do concurso de receitas
- Ensalada Morna de Lumbrigante de Elisa González. Parabéns para ela !!!!
Se alguén quere seguir compartindo as súas receitas (ao correo Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo ), nos estaremos encantados de seguir publicándoas.
Información sobre o concurso
A Confraría de Pescadores de Lira organizou, para a promoción dos seus productos pesqueiros, un concurso de receitas. O gañador recibirá un lote valorado en 200€ dos productos da Confraría.
O xurado estivo formado por xornalistas, blogueiros e cociñeiros, e valorou as receitas recibidas pola súa capacidade de seren reproducidas na casa, a potenciación das cualidades dos mariscos e o que podemos chamar "sinceridade gastronómica", é dicir, aquelo que move a un cociñeiro a emocionar, que non impresionar, cos seus pratos.
O xurado está formado por:
- Eduardo Eiroa, xornalista de La Voz de Galicia.
- Pía Lago, afamada restauradora da comarca de Fisterra.
- Miguel Vila, editor de www.colineta.com.
- Rodrigo Varela, editor de www.pormisfogones.eu.
Bases do concurso
1) Para participar neste concurso podes enviarnos a túa receita mediante o formulario desta web ou ben indicándonos a ligazón da receita na túa web persoal no correo Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo .
2) As receitas non poden ter sido publicadas noutras webs que non sexan persoais nin presentadas a outros concursos.
3) As receitas deben ser orixinais ou ben adaptacións doutras receitas, aínda que neste caso deberase indicar aqueles elementos que lle dean o toque persoal.
4) As receitas deben incluir como un dos seus ingredientes principais algún dos productos promocionados nesta web, a saber: Camarón, Centola, Longueirón, Lumbrigante, Nécora, Ourizo, Percebe, Polbo e Santiaguiño.
5) Somentes poden participar persoas físicas. É dicir, fican excluídos bares, restaurantes, asociacións gastronómicas, etc.
6) Pode participar calquera persoa con domicilio na Península Ibérica*. As receitas poden ser enviadas en galego, español ou portugués.
7) Fican excluidos os familiares e achegados á Confraría de Pescadores de Lira, Lonxanet, Galinus, Hacce e membros do xurado.
8) O xurado está composto por xornalistas, cociñeiros e blogueiros que valorarán a facilidade para reproducir a receita, a preservación e potenciación do sabor do producto e a súa orixinalidade.
9) Haberá un único gañador, que levará unha cesta de productos da nosa lonxa por valor de 200€.
10) O prazo de recepción de receitas comenza o 1 de Xuño de 2009 e remata o 30 de Xuño de 2009. O gañador do concurso será notificado persoalmente o día 15 de Xullo de 2009.
11) Confraría de Pescadores de Lira resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
* Nota: Exclúense as persoas que non teñen domicilio na Península Ibérica por problemas loxísticos para facerlles chegar o premio.

