Lumbrigante de verán
Ingredientes
- 2 kilos de lumbrigante
- 2 ceboliños
- 1 pemento verde (tipo italiano)
- 2 ovos - 100 gramos de queixo tipo Philadelphia
- 100 gramos de miolo de broa
- 1 escarola
- 1/2 vaso de albariño
- 1/3 de vaso de leite
- Sal, vinagre, aceite de oliva virxe, cebolino e loureiro
Preparación
Primeiro cocemos os lumbrigantes co loureiro. Noutro recipiente, cocemos os ovos. No paso dous, cortamos o pemento, os ceboliños, cebolino e as claras dos ovos en anacos moi pequenos. Reservámolo.
Facemos o aliño da escarola diluíndo o queixo co leite, engadimos o cebolino, unha pisca de ceboliños e unha coller grande de aceite. O miolo de broa ponse a remollo no albariño. Os lubrigantes cocidos descúnchanse, cortando o corpo en medallóns e separamos a carne da cabeza e das pinzas
Nun bowl, mesturamos o cortado (do paso dous), a broa e o caldo e carne da cabeza dos lubrigantes; sazonamos con aceite e vinagre ao gusto. Emplatamos facendo un montado; base con dous medallóns dos lumbrigantes; unha coller grande da mestura do bowl enriba; cubrimos con outros dous medallóns; outra coller de mestura; e rematamos cunha pinza descunchada e enteira.
Acompañamos o plato coa escarola aliñada
Últimas receitas publicadas
- Ensalada Morna de Lumbrigante
Enviada por Elisa González desde Santiago o 30/06/2009 - Lumbrigante de verán
Enviada por Isabel Sanjorge desde Santiago o 30/06/2009 - Erizos de Mar rellenos
Enviada por Martha Cebas Ezcay desde Vigo o 30/06/2009
Concurso de receitas
Participa e gaña un lote de produtos da nosa lonxa

