Xa temos gañadora do concurso de receitas

Puntos de Venda

Na Confraría de Lira temos como obxectivo mellorar a trazabilidade dos nosos productos, garantindo ao consumidor a súa procedencia. Ofrecemos aquí unha listaxe de establecementos que traballan connosco.

 

Ensalada Morna de Lumbrigante

Ingredientes

Ingredientes para 2 persoas:

  • 1 lumbrigante
  • 1 aguacate
  • 1 tomate pera
  • 1 cenoria
  • ½ cebola tenra ou ceboleta
  • 1 allo
  • 1 chorro de viño branco seco
  • 1 lima
  • 1 culler rasa de café de fariña de millo
  • Romeu, Aceite de oliva e Sal en escamas

Preparación

Cocer o lumbrigante e reservar ata que enfríe un pouco. Cortar o aguacate, o tomate a cenoria e a media ceboleta en dadiños, poñerlles sal e aliñalos co zume de lima, aceite de oliva e sal.

Escunchar o lumbrigante e cortalo en rebandas do grosor dun dedo índice. Saltealas cun pouco de aceite de oliva e un dente de allo picado en dados o máis pequenos posíbel. A continuación engádeselle a culler de fariña, un chorro de viño branco seco e un pouco de romeu e deixar reducir a salsa.

Coller un aro metálico e meter nel as verduras xa aliñadas con sal, aceite de oliva e o zume da lima. Sobre esa cama de verduras asentar as rebandas de lubrigante quentes e botarlle por enriba a salsa da redución. Adornar e servir

Enviado por: Elisa González (Santiago de Compostela)

Receita gañadora do primeiro concurso de receitas 100x100 Mar de Lira.

Últimas receitas publicadas

Enviar unha receita

Concurso de receitas

Participa e gaña un lote de produtos da nosa lonxa