Xa temos gañadora do concurso de receitas

Puntos de Venda

Na Confraría de Lira temos como obxectivo mellorar a trazabilidade dos nosos productos, garantindo ao consumidor a súa procedencia. Ofrecemos aquí unha listaxe de establecementos que traballan connosco.

 

Inicio / Os nosos produtos

Centola

A centola cocida é un dos mellores exemplos do inimitábel da natureza. Ao interior chamámoslle caldo pero é en realidade unha crema que sabe a fondos mariños. Non hai nin haberá cociñeiro que coas suas preparacións supere a comunión co animal que unha centola cocida nos ofrece.

Isto tampouco debería evitar que probásemos outras receitas, cando nos teñamos familiarizado coas centolas, en pratos máis sofisticados, onde o cociñero goste de se lucir contando coa excelente base deste suculento marisco.

Como cocer una centola

Botar a centola en auga fría abondo para cubrila xenerosamente. Botar 4 culleradas de sal por litro de auga utilizada. Por ao lume e contar entre 15 e 18 minutos desde que rompe a ferver (para un animal de aproximadamente 500gr, 15 minutos; para os de un kilo, 18 minutos).

Ver receitas con centolas

Centola

Centola

Veda

Xullo
Agosto
Setembro
Outubro
Novembro

Mellor época para o consumo

Decembro
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril

Últimas receitas publicadas

Enviar unha receita

Concurso de receitas

Participa e gaña un lote de produtos da nosa lonxa